visitas desde agosto 2008


Contadores de visitas

sábado, 22 de marzo de 2008

ACTIVIDAD EN EL CONCELLOD E A VEIGA (OURENSE)

A EXCURSIÓN.
A Excursión didáctica polo Sendeiro de Gran Percorrido conta cunha lonxitude aproximada de 12 quilómetros. Estímase que a duración da mesma será de 4 horas. Vai a ter lugar o sábado 22 de marzo con saída de Xares –A VEIGA- (Ourense).
Con esta iniciativa preténdese promocionar e dinamizar este fermoso roteiro que discorre polo macizo de Trevinca.

ORGANIZACIÓN.
A proba está organizada polo Concello da Veiga. Colabora a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

INSCRICIÓN.
É gratuíta, e pode realizarse nas oficinas do Concello da Veiga.
Ou nos teléfonos 988-350000-
679-761312

SAÍDA
Farase desde a localidade de Xares (diante do Hotel El Ciervo) ás 10 da mañá. É recomendable estar no punto da saída 15 minutos antes do inicio da proba.

PERCORRIDO
- Xares.
- Baños.
- A Cántara da Moura (restos da glaciación).
- A Veiga.

No hay comentarios: