O próximo sábado 2 de agosto dentro do programa DELECER08 recorrerase a pé as parroquias de Labacengos e Santa Cruz, e ademais da importancia paisaxística, tamén visitaremos a Igrexa de San Xiao e os muiños en cascada de Loureiro, con grande importancia cultural.
E continuando coa promoción da práctica deportiva no contorno natural realizarase unha ruta a cabalo, con saída (10h) e chegada (aprox. 11:30h) desde o picadeiro da "Asociación 23 de abril" no núcleo de San Ramón, cun prezo de 12€/persoa.
O prazo de inscrición para ambas actividades remata o venres 01 de agosto, con 5 prazas para a ruta a cabalo e 25 para a ruta a pé.
O finalizar ambalas dúas rifarase un queixo cortesía da empresa local LÁCTEOS DE MOECHE.
Técnico de deportes Concello de Moeche
Tel.: 981 404006
Fax: 981 404200
e-mail: diego.lopez@moeche.dicoruna.es
¡AVISO! O DO QUEIXO NON É PUBLICIDADE ENGANOSA, É CERTO, NA RUTA PASADA FOI UN DE 3 KG, E ESTA FRANCAMENTE BO
No hay comentarios:
Publicar un comentario