AS ENTIDADES QUE TRABALLAMOS NO NOROESTE, NO EIDO DAS ACTIVIDADES NO ENTORNO NATURAL, POÑEMOS A DISPOSICIÓN ESTA FERRAMENTA PARA DISFRUTAR DA NATUREZA DO NOROESTE, .
Páginas
visitas desde agosto 2008
miércoles, 10 de diciembre de 2008
CAMIÑANDO POR TERRAS DOS ANDRADE
O próximo 20 de decembro realizarase o segundo roteiro do programa "Camiñando polas terras dos Andrade". A camiñada discorrerá polas parroquias de Labacengos e Santa Cruz, a saída realizarase dende a Igrexa de Labacengos ás 10 h., durante a ruta poderemos contemplar a Igrexa de San Xiao dos Osos e os muíños de Loureiro, que consisten nunha serie de muíños en fervenza, tamén pasaremos polo punto máis alto do municipio, o Cadaval, estando prevista a chegada ás 13:30h.. O recorrido ten unha dificultade media - baixa. Para participar será necesaria a inscrición na casa do concello, aberta ata o venres 19, se quedasen prazas libres poderase realizar o mesmo día da ruta 30' antes do comezo.
Tel.: 981 404006
e-mail: cultura.deportes@moeche.dicoruna.es
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario