visitas desde agosto 2008


Contadores de visitas

jueves, 29 de mayo de 2008

Rota en btt. "Rota entre dúas Rías”

Domingo 1 de xuño, dende o Pavillón Deportivo Municipal de Ares a partir das 9:00 horas.

Trátase da décima edición da rota intermunicipal de bicicleta de montaña. A rota ten 40 km de percorrido, de dificultade media-alta, no remate terá lugar un pincho para os participantes. Entregaranse agasallos a todos os participantes así como ó máis novo, ó máis veterano, ó club máis numeroso e ó club de máis lonxe. Haberá avituallamentos en rota, ademáis de guías en todo o percorrido, ambulancia, mecánico, lava bicicletas e duchas.

Está dirixido a mayores de 15 anos con Licencia Federativa. No caso de non dispor da Licencia deberán pagar 8 € e presentar autorización.


Hai 200 prazas e o prezo é de 12 €. O prazo para inscribirse é ata o venres 30 de maio ás 14:00 horas nas OMIX de Ares e Mugardos e nos locais sociais das dúas sociedades. Tamén por Internet nás páxinas web: www.bimares.net e www.clubciclistaferrol.es e por teléfono: 696 768 494 639 889 007 981 327 662 e fax: 981 448 439

No hay comentarios: