visitas desde agosto 2008


Contadores de visitas

martes, 22 de febrero de 2011

COSPEITO SAIDA MEDIOAMBIENTAL

O sábado día 26, terá lugar unha nova saida dentro do programa ambiental de Aulas Verdes, está vez serán as zonas humidas interiores, Cospeito, río Miño e río Ladra.

11kms en total en tres tandas, donde os prismaticos serán a ferramenta fundamental.


info: club montaña ferrol, 981 355 869; secretariacmf@gmail.com

lunes, 14 de febrero de 2011

“ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO”

Data.- Domingo, 20 de febreiro de 2011.

Hora.- Ás 10,30 h iníciase a andaina.

O remate da actividade está previsto entre as 13,00 e 14,00 h

Actividade.- Paseo por unha pista forestal que rodea a serra do Galiñeiro para solicitar a protección da serra e sensibilizar contra o proxecto de parque eólico. Foto con pancarta no vértice xeodésico.

Trátase de sensibilizar diante do proxecto de instalación dun parque eólico nun espazo de interés natural, paisaxístico, arqueolóxico que debería gozar da integración nalgunha figura de protección (por exemplo integrándoo no parque natural do Aloia).

Convocantes.- “Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro”, integrada por 24 entidades, de carácter social, cultural, deportivo, de defensa da natureza, etc.

Organización.- Club Montañeiros Celtas e Club Pena Trevinca, xunto coa plataforma.

Inscrición.- Non compre realizar inscrición.

Recomendacións.- Deixar os coches lonxe da zona de saída para evitar acumulación de vehículos.

Máis información.- Na web do Club Montañeros Celtas.-

http://www.celtas.net/glg/actividades_ficha.php?id=150&tit=ANDAINA POLA DEFENSA DO GALIÑEIRO

CAMIÑO PORTUGUES (AA.VV.ALTEA-XUVIA)

A Asociación de veciños Altea de Xuvia programa en 8 etapas o camiño Portugues, dende Valença a Compostela,
Data tope inscricpicón 25 deste mes, 14€
Mais info e  981 393 561 ou 616 665 265 de 9 a 13 e de 16 a 20

miércoles, 9 de febrero de 2011

SENDERISMO POR MOECHE (DOMINGO 20)

O domingo 20 de febreiro o Concello de Moeche organiza unha ruta de sendeirismo polo entorno de Moeche.

Saída: Área Recreativa de Souto Grande (onde a piscina municipal)

Hora da saída: 9:30 horas.

Subirase ata o pico de Ferreira e regresaremos ata a área Recreativa polas inmediacións do Río Xubia. 14 km aproximadamente