visitas desde agosto 2008


Contadores de visitas

lunes, 14 de febrero de 2011

“ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO”

Data.- Domingo, 20 de febreiro de 2011.

Hora.- Ás 10,30 h iníciase a andaina.

O remate da actividade está previsto entre as 13,00 e 14,00 h

Actividade.- Paseo por unha pista forestal que rodea a serra do Galiñeiro para solicitar a protección da serra e sensibilizar contra o proxecto de parque eólico. Foto con pancarta no vértice xeodésico.

Trátase de sensibilizar diante do proxecto de instalación dun parque eólico nun espazo de interés natural, paisaxístico, arqueolóxico que debería gozar da integración nalgunha figura de protección (por exemplo integrándoo no parque natural do Aloia).

Convocantes.- “Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro”, integrada por 24 entidades, de carácter social, cultural, deportivo, de defensa da natureza, etc.

Organización.- Club Montañeiros Celtas e Club Pena Trevinca, xunto coa plataforma.

Inscrición.- Non compre realizar inscrición.

Recomendacións.- Deixar os coches lonxe da zona de saída para evitar acumulación de vehículos.

Máis información.- Na web do Club Montañeros Celtas.-

http://www.celtas.net/glg/actividades_ficha.php?id=150&tit=ANDAINA POLA DEFENSA DO GALIÑEIRO

No hay comentarios: