visitas desde agosto 2008


Contadores de visitas

miércoles, 22 de abril de 2009

PROXECTO RIOS EN ESMELLE O 26/04/09

O proxecto Ríos é unha iniciativa de ADEGA para a concienciación, a educación e a participación cidadá en defensa dos ríos galegos. Fundamentase na realización de inspeccións por parte de persoas, veciños, ou grupos de voluntarios a nivel local, nas que se toman mostras que axudan a analizar o estado de saúde do ecosistema.O Proxecto Esmelle colabora nesta iniciativa onde a finalidade é coñecer os nosos ríos e aprender a valorar a súa importancia e conservación. A saída formativa terá lugar o venres 24/04/2009 de 16.00 h a 20.00 h partindo do Local Social de Esmelle. Animamos á xente a participar na iniciativa. www.proxectorios.org www.valledeesmelle.comwww.blogoteca.com/pesmelle

RUTA POLA PARROQUIA DE SAN XIAO DE NARON

O PSOE de Narón monta para o domingo, de novo unha ruta pola parroquia de Narón, san Xiao, a partir das 11'30h, con saida do local social

teleofnos de contacto

657 54 718 - 646 971 768

RUTA POR MOECHE O 25 DE ABRIL

O sábado 25 de abril no concello de Moeche realizarase unha ruta a pé,
dentro da programación de "Camiñando polas terras dos Andrade", que discorrerá polo entorno do río Xubia e do río Ferrerías.
A saída da ruta será ás 10:30h. desde o área recreativa de Souto Grande (Moeche), estando prevista a chegada ao mesmo lugar ás 13h., despois de recorrer un total de 7,5 qm.
A actividade ten carácter gratuíto, só será necesario facer a inscrición na actividade na casa do concello, persoalmente ou telefónicamente, aínda que se deberá remitir debidamente cuberta e asinada o documento de inscrición.
En total ofértanse 25 prazas para esta ruta, estando o prazo de inscrición aberto ata as 14h. do 24 de abril, se quedasen prazas libres aceptaríanse solicitudes ata o mesmo día 15' antes da saída.
Lembramos que por festividade local o concello permanecerá pechado o 23 de abril, polo que non se poderán efectuar os trámites de inscrición.

Técnico de deportes Concello de Moeche San Ramón s/n - Moeche (A Coruña) Tel.: 981 404006 Fax: 981 404200 e-mail: cultura.deportes@moeche.dicoruna.es

viernes, 10 de abril de 2009

II ENCONTRO SENDEIRISTAS EN CAMBRE

Lugar: Cambre
Punto de encontro: Pavillón polideportivo de Cambre
Data: sábado, 30 de maio do 2009
Horario do evento: 9,30 a 18,30 horas
Cota de participación: 15,00 euros
Inclúe: avituallamento en ruta, xantar, coche de apoio, seguro de accidentes,
ITINERARIOS A REALIZAR

Ruta A
Distancia 20 km aprox.
PRG, paseo Mero, camiños públicos, outros
Dificultade Media –baixa
Todo tipo de camiño (sendas, corredoiras, pistas...)
Duración 5 horas
Puntos de interese
Igrexa, castro, Bosque Animado, ríos, mosteiro, muíño

Ruta B
PRG –17 “Arredor de Cambre”+ tramo do río Mero
Distancia 12 km
PRG – 17 “Arredor de Cambre”
Dificultade baixa Camiño fácil, pouco esforzo
Duración 4 horas
Puntos de interese
Castro, antigas corredoiras, a Pena da Nosa Señora

ENVIAR A: omix@cambre.org A/A Secretaria Técnica da 2º Xuntanza Sendeirista
Información e inscricións: CONCELLO DE CAMBRE. Área de Educación, Xuventude e Deportes
CHUS - 981.613.170 (10-14 horas e de 18-20 horas)
Tedes de prazo, para formalizar a preinscrición, ata o xoves 23 de abril e 2009