visitas desde agosto 2008


Contadores de visitas

miércoles, 22 de abril de 2009

RUTA POR MOECHE O 25 DE ABRIL

O sábado 25 de abril no concello de Moeche realizarase unha ruta a pé,
dentro da programación de "Camiñando polas terras dos Andrade", que discorrerá polo entorno do río Xubia e do río Ferrerías.
A saída da ruta será ás 10:30h. desde o área recreativa de Souto Grande (Moeche), estando prevista a chegada ao mesmo lugar ás 13h., despois de recorrer un total de 7,5 qm.
A actividade ten carácter gratuíto, só será necesario facer a inscrición na actividade na casa do concello, persoalmente ou telefónicamente, aínda que se deberá remitir debidamente cuberta e asinada o documento de inscrición.
En total ofértanse 25 prazas para esta ruta, estando o prazo de inscrición aberto ata as 14h. do 24 de abril, se quedasen prazas libres aceptaríanse solicitudes ata o mesmo día 15' antes da saída.
Lembramos que por festividade local o concello permanecerá pechado o 23 de abril, polo que non se poderán efectuar os trámites de inscrición.

Técnico de deportes Concello de Moeche San Ramón s/n - Moeche (A Coruña) Tel.: 981 404006 Fax: 981 404200 e-mail: cultura.deportes@moeche.dicoruna.es

No hay comentarios: