visitas desde agosto 2008


Contadores de visitas

martes, 8 de julio de 2008

RUTA POL RIO XUVIA EN MOECHE


O vindeiro sábado 12 de xullo realizarase a primeira ruta programada de DELECER08, que discorrerá polos ríos Xubia e Ferrería, tendo carácter circular. A saída será ás 10:30h desde o Área recreativa de Souto Grande e chegada ó mesmo punto estímase sobre as 13:00h.

O prazo de inscrición estará aberto ata o venres ás 14:00 na casa do concello (os que utilicen este prazo entrarán no sorteo, ó finalizar a ruta, dun queixo da entidade colaboradora LÁCTEOS DE MOECHE), ou ben cubrindo a folla de inscrición o mesmo día da ruta no punto de saída, no caso de quedar prazas libres (máximo 25 prazas).

O evento conta coa colaboración do Club de Montaña de Ferrol, Lácteos de Moeche e Coca - Cola. Achégovos o tríptico e a folla de inscrición. Gracias pola vosa colaboración e saúdos.

--
Diego A. López Rodríguez
Técnico de deportes Concello de Moeche
Tel.: 981 404006
Móbil: 639 417975
Fax: 981 404200
e-mail: diego.lopez@moeche.dicoruna.es

No hay comentarios: