visitas desde agosto 2008


Contadores de visitas

miércoles, 6 de mayo de 2009

Ruta IGREXA DE ABADE - COTO AGUDO (Moeche)

O *sábado 9 de maio* no concello de Moeche realizarase unha ruta a pé, dentro da programación de "Camiñando polas terras dos Andrade", que discorrerá entre a Igrexa de Abade e o Coto Agudo, trátase dunha ruta circular.

A saída da ruta será ás *10:00h.* desde a citada igrexa, estando prevista a chegada ao mesmo lugar ás *13:30h.*, despois de recorrer un total de *11km.*

A actividade ten carácter *gratuíto*, só será necesario facer a inscrición na actividade na casa do concello, persoalmente ou telefónicamente, aínda que se deberá remitir debidamente cuberto e asinado o documento de inscrición.

En total ofértanse *25prazas* para esta ruta, estando o prazo de inscrición aberto ata as 14h. do 8 de maio, se quedasen prazas libres aceptaríanse solicitudes ata o mesmo día 15' antes da saída.

No hay comentarios: