visitas desde agosto 2008


Contadores de visitas

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Voluntarios no Xacobeo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo poñen en marcha o Voluntariado Xacobeo 2010 que se desenvolverá durante o vindeiro Ano Santo ao longo dos 9 Camiños de Santiago.
.
VOLUNTARIADO INFORMATIVO, CULTURAL E DE SERVIZOS
A través dun posto de información fixo, limitándose aos puntos máis críticos do Camiño, onde os voluntarios e voluntarias informarán das actividades, visitas ou servizos que se realizan pola zona correspondente.


VOLUNTARIADO DE INFORMACIÓN Móbil AO PÉ DO CAMIÑO
Patrullando por parellas os tramos entre as etapas dos diferentes camiños –segundo a distribución adxunta– e ofrecendo información ao viaxeiro que a solicite.

VOLUNTARIADO DE ACOMPAÑAMENTO DE GRUPOS
Para grupos organizados que así o requiran. É preciso ter cumpridos os 18 anos.

VOLUNTARIADO DA SABEDORÍA
Para que os maiores de 65 anos do lugar conten as súas experiencias e vivencias no Camiño.

DATAS DE REALIZACIÓN
- Durante a Semana Santa
- A partir de Semana Santa: o voluntariado desenvolverase durante as fins de semana (sábados e domingos).
- A partir do mes de xuño: o voluntariado terá unha duración mínima de 3 días e máxima de 15.

CONDICIÓNS XERAIS
Para participar como voluntario/a é preciso reunir os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos os 18 anos (sen límite de idade).
- Coñecer o lugar de desenvolvemento do voluntariado. Fomentarase o voluntariado local, para que a información que se proporcione sexa o máis ampla e correcta posible.
- Realizar e obter a cualificación de “apto” nos cursos de formación en liña que se ofertarán.

No hay comentarios: